Usuario:
Contraseña:

He olvidado mi contraseña










NOTICIAS

Comeza o curso na "Escola Galega de Árbitros"

05/11/2018


27 novos talentos da arbitraxe iniciaron o venres, 26 de outubro; en Compostela unha nova aventura formativa. 4 colexiadas e 23 colexiados de diferentes puntos de Galicia, todos entre os 14 e o 23 anos de idade, estrearon curso na Escola Galega de Árbitros de Baloncesto (ESGAR), proxecto que neste 2018 cumpre o seu cuarto ano de vida.



Con sede física no colexio “San José de Cluny”, en Santiago de Compostela, o Comité Galego de Árbitros reuniraos unha vez ao mes ao longo de toda esta temporada co obxectivo de ofrecerlles unha formación continua e excepcional guiada por solventes profesionais do baloncesto, tanto do propio ámbito da arbitraxe como da práctica do baloncesto en xeral.

Este marco de actuación “ESGAR” concentrará un total de oito convocatorias presenciais, sumándolles ás mesmas a posibilidade de designar aos alumnos en torneos e fases finais de competicións oficiais FGB, citas nas que poderán seguir traballando o establecido, de xeito teórico e práctico, nas aulas.

Estrea “ESGAR”
A sesión inaugural de toda esta estrutura “ESGAR” tivo lugar na tarde do pasado venres, 26 de outubro; contando coa guía do Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez Pérez; e o Xefe de estudos da Escola, o colexiado galego ACB, Jacobo Rial. Así mesmo, acompañando aos alumnos estiveron tamén o presidente da FGB, Francisco Martín; e Antonio Lema, Director na Área de Santiago de Caixabank, principal patrocinador do CGAB. Entre todos arrouparon aos novos integrantes deste proxecto, unha iniciativa pioneira na formación arbitral a nivel nacional.


O broche a esta presentación veu da man da presenza na mesma dos xogadores de Obradoiro CAB, Ben Simons e Martins Laksa. Ambos compartiron cos novos colexiados as súas impresións sobre o que representa a figura do colexiado e a súa relación cos outros actores do Baloncesto. Verbas como "respeto "e "confianza" polo traballo duns e doutros redondearon este punto de partida dun curso que afrontará a súa vindeira cita xa no mes de novembro.


(c) Federación Española de Baloncesto
Contacto: info@clubdelarbitro.com
Aviso legal
En cumplimiento de la Directiva 2009/136/EC se informa que el presente sitio web utiliza cookies propias y de terceros para la presentación de los servicios adecuados a sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. En caso de que deshabilite el uso de cookies en este sitio web, no podrá acceder a todos los apartados del mismo. Si continua utilizando el sitio web sin deshabilitar el uso de cookies, entendemos que presta su consentimiento para el uso de las cookies utilizadas. Para deshabilitar el uso de cookies en esta página y/o obtener información completa del tipo y finalidades de las cookies utilizadas consulte nuestra Política de Cookies
En cumplimiento de la Directiva 2009/136/EC se informa al usuario de que el presente sitio web utiliza cookies propias y de terceros, de sesión y persistentes, de personalización y análisis, publicitarias y de publicidad comportamental, de control de tráfico y comunicación de datos, de identificación de sesión, de acceso a zonas restringidas, de conservación de los elementos que integran un servicio solicitado, de utilización de elementos de seguridad durante la navegación, de almacenamiento de contenidos multimedia para su presentación en el sitio web o difusión en redes sociales, de acceso al servicio solicitado con algunas características de carácter general predefinidas en el terminal del usuario (idioma, tipo de navegador, accesibilidad, configuración regional), de seguimiento y análisis del comportamiento del usuario para medición de actividad del sitio web y mejora técnica del mismo, de gestión de los espacios publicitarios que, en su caso, se hayan incluido a través de la observación continuada de los hábitos de navegación del usuario, lo que permite desarrollar un perfil específico para mostrar publicidad en función de las preferencias del usuario. Puede usted permitir, bloquear o eliminar las cookies instaladas en su equipo mediante la adecuada configuración de las opciones del navegador instalado en su ordenador y eliminando posteriormente los ficheros temporales del mismo.