Usuario:
Contraseña:

He olvidado mi contraseña










NOTICIAS

Formación arbitral en iniciación: triple convocatoria presencial

30/01/2018


O Comité Galego de Árbitros retoma a labor de formación de carácter presencial e pon en marcha, de cara ao mes de febreiro, tres convocatorias para os seus cursos de iniciación árbitral. As delegacións de Lugo, A Coruña e Ferrol son as protagonistas desta triple oferta formativa, que se formulará con carácter presencial, aberto e completamente de balde para todas aquelas persoas vinculadas aos clubs de cada zona.



Con sedes concretas e datas particulares para cada caso, o CGAB contará coa colaboración de colexiados de categoría ACB e FEB, como profesores; os cales liderarán os seguintes programas:

Curso Iniciación A Coruña

Sede: A Coruña

Datas: 5 ao 8 de febreiro.

Curso Iniciación Ferrol

Sede: Ferrol

Datas: 6 ao 8 de febreiro.

Curso Iniciación Lugo

Sede: Sarria

Datas: 8 ao 10 de febreiro.

Os requisitos didácticos de cada convocatoria poden consultarse nos documentos que se achegan.

Inscrición

Todos os interesados en inscribirse ou informarse polo miúdo de cada convocatoria poden poñerse en contacto co respectivo comité zonal:

arbitroslugo@fegaba.com

arbitroscoruna@fegaba.com

arbitrosferrol@fegaba.com


En cumplimiento de la Directiva 2009/136/EC se informa que el presente sitio web utiliza cookies propias y de terceros para la presentación de los servicios adecuados a sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. En caso de que deshabilite el uso de cookies en este sitio web, no podrá acceder a todos los apartados del mismo. Si continua utilizando el sitio web sin deshabilitar el uso de cookies, entendemos que presta su consentimiento para el uso de las cookies utilizadas y definidas en este sitio web. Para deshabilitar el uso de cookies en esta página y/o obtener información completa del tipo y finalidades de las cookies utilizadas consulte el siguiente Aviso legal
(c) Federación Española de Baloncesto
Contacto: info@clubdelarbitro.com